Donnerstag, 18. Juni 2009

As verdades do Nacionalismo Lingüístico

Boas!!

Aquí vos presento ao Catedrático de lingüística da Universidad Autónoma de Madrid o Juan Carlos Moreno Cabrera.

Deste home tiña que aprender moita xente, galegos e galegas incluídos e incluídas. País cheo de prexuízos!!!
Que o gocedes :-)



Montag, 2. Februar 2009

Terror e lingua

Boas de novo, a min como a Cris, acumúlanseme as posíbeis entradas para o blogue. Xa as irei pondo.

Hoxe nesta modesta entrada quero ser un pouco filólogo e dar unha definición.

Terrorista:1) Adx. Que practica actos de terrorismo 2) Relativo ou pertencente ao terrorismo.

Terrorismo: 1)Dominación polo terror 2) Sucesión de actos de violencia para infundir terror.

E por último. Terror: Medo extremo moi intenso.

E a que vén esta arroutada filóloga?? Pois a que eu son un terrorista, unha persoa que fago actos de terrorismo, que causo medo extremo e moi intenso. Causo medo extremo ao simplemente falar galego, ao defender o uso e usos do galego, ao defender unha política lingüística seria e acaída para o noso país. Son un terrorista e causo medo extremo cando quero ser atendido en galego, cando reclamo os meus dereitos lingüísticos no meu país. E isto causa medo extremo, pavor. Medo irreprimíbel, inconsciente, medo ao lobo do conto de Carapuchiña vermella, medo ineficaz, medo irresponsábel, medo inculto...

E a quen? Pois aos medoñentos, aos pouco serios, aos "paracaidistas", aos de sempre.
Aquí os tedes sen careta, é interesante ver os apoios desta concentración.

Indubidabelmente esta entrada vai con retranca, humor. Rir para non chorar. Nestas cousas é onde descubro que fai falla máis investimento en Educación e en Cultura. Unha persoa medianamente formada, culta, preocupada polo que pasa no mundo, non di esta serie de parvadas( de PARVUS-A-UM>pequeno) E o peor desta xente non é que o digan, é que o pensan.

Donnerstag, 15. Januar 2009

O Galego na Comisión Europea



Ola benquerid@s amig@s, pois como vedes no títalo, o galego entrou de vez na Comisión Europea. Onte 14 de xaneiro de 2009 quedará marcado como data histórica na bagaxe do galego como lingua internacional. Onte, o curso que estou impartindo en Luxemburgo, CELGA 1, desenvolveuse nunha sala da Comisión Europea, e probabelmente siga nese lugar até a fin das aulas.

Non sei se aquela famosa frase de "Un pequeno paso para min e un grande paso para o galego", podería formulala ao revés ;-) "Un pequeno paso para o galego(pasiño a pasiño) e un grande salto para min", hehehe pecando de egolatría consumada.

E para os que aínda non o saibades, o galego xa forma parte das linguas da Unión Europea desde finais de 2005. Así poderemos dirixirnos en galego ao Parlamento Europeo, ao Consello de Ministros, á Comisión Europea ou ao Defensor do Pobo e ter o dereito a ser respostados en galego. Xa sabedes a exercer os vosos dereitos lingüísticos na EU.

Donnerstag, 8. Januar 2009

Aventura dunha viaxe interminábel...

Ola de novo, en primeiro lugar Feliz aninovo a tod@s...E que o 2009 sexa coma vós queirades, que para algúns xa foi bo abondo o 2008 heheheh.

Esta entrada comeza na casa aló polo lonxano 4 de xaneiro, ás 16:00. Resulta que a esa hora saímos dirección Lavacolla para coller o avión que me traería de volta, ás veces son dun inxenuo que me dán arrepíos, hehehhe. O voo tiña previsto engalar ás 17:45, e xa na facturación, hehehe, foi moi simpático, dixéronme que por causas operativas o voo ía saír con retraso e que podía dar unha volta pero que non marchase do aeroporto...Comeza a aventura, a viaxe interminábel, a odisea 2009, o señor dos retrasos e cancelacións...os señores de pase ao seguinte mostrador...

Ás 19:30, saímos de Lavacolla co que ao entrar díxenlle, moi amabelmente, ás tripulantes de cabina que ía ser imposíbel que collese a ligazón ás 20:00 cara a Frankfurt, e elas, tan simpáticas, dixéronme que non me preocupase que seguro que o voo tería retraso( fíxate nas que andabamos, agardando que un voo tivese retraso) Despois de falar ben veces coa tripulación de cabina(gústame este nome ;-) )case chegando a Madrid dinme que o voo tiña retraso pero non o suficiente para que eu o collese, xa me vedes a min correndo polo avión primeiro, correndo polo aeroporto despois e preguntando amabelmente se xa saíra o voo para Frankfurt...Pois non, non saíra, o avión aínda estaba na porta, pero xa estaba pechada(sic) Iso si, cunha amabilidade... que daban ganas de dicirlles:

-Oes, perdoe polo meu retraso, pero e que por causas operativas, as miñas pernas non dan para máis, cheguei tarde.

E aló comezamos a facer filas, riolas, ringleiras, fileiras por todo o aerporto de Barajas. Primeira, no mostrador de atención ao usuario para cambiar o voo, 1h 20', déronme para o luns 5 ás 16:00, casualidades da vida, a esa mesma hora, eu tiña que estar na Uni para a miña clase :-( Expliqueillo, pausadamente, con paciencia e sen tratar de me alterar...Solución, que baixase ao mostrador de equipaxes para ver de retirar a maleta para se no mostrador de venda de billetes me podían cambiar o voo para Luxemburgo. Total, outros 50' na segunda fileira en equipaxes. Onde atopei outra persoa moi amábel que me recomendou que saíse nese voo das 16:00 que a maleta tardaría, mínimo 2h e media en saír( Agora me explico a razón de cantas se perden) Expliqueille o meu caso de novo. Polo que volta ao punto 2, 3ª fileira, mostrador de venda de billetes.

Xa neste mostrador, despois doutra 1h 25' de riola, non é posíbel o cambio, que non hai máis voos, e que tome o vale para o Hotel e un xustificante para xustificar o inxustificábel.

Pois aló imos á 4ª fileira da tarde, o autobús para ir ao Hotel, a peor con diferenza, fóra da terminal, ao frío uns 40' interminábeis e aguantando a unha señora, e ao seu marido, moi postiños eles con comentarios do tipo " a donde nos van a llevar ahora, seguro que a Vallecas" "nosotros no tenemos que aguantar esto" "y esos que se colan, cualquiera les dice nada, que seguro que te meten una navajada", " y que hotel será? y con toda esta gente...? cojemos un taxi y estes (chusma apunto eu)que esperen, ya después me encargaré de que pague Iberia. Xa vedes...

E non rematan aquí as aventuras da noite, ao chegar ao Hotel, por certo, unha pasada, o Meliá Madrid Princesa Moi impresionante, moito luxo, un machucán de almorzo que non sabía por onde comezar...Pero perdín as miñas clases...Outros 30' para se rexistrar e conseguir un cuarto para durmir, xa eran as 00:30

Xa o luns ás 12:30 volta a Barajas, e de novo, fileira, desta vez para mendigar algo de xantar de novo no mostrador de Iberia, outros 40'.

Vou cara á porta de embarque e sorpresa!! O avión vai con retraso, case 2 horas...Cheguei a Frankfurt e perdín o último tren da noite por escasos 5 minutos...Non me quedou outra que coller un coche de alugueiro...

E xa por fin na casa, case 32 horas despois de saír da miña casiña en Santiago, e despois de máis de 5 horas de ringleiras varias, iso si con moitA AMABILIDADE heheehhe. E mesmo coa miña maleta...

Montag, 8. Dezember 2008

Os Weihnachtmärkten






Boas!!

Estiven percorrendo algúns Mercados de Nadal e vouvos facer un pequeno xogo de adiviñas, cal é cal e onde están cada un deles. Un mercado de Nadal é algo absolutamente típico destes lares e tamén o vin en Helsinki.
Son mercados ao aire libre en casoupas de madeira nas que venden productos de nadal, enfeites, boliñas para a árbore, puchos de la, e sobre todo, glüwein(viño quente con especies)flammkuchen, larpeiradas varias( champiñóns, patacas salchichas...) un paraíso do colesterol e da graxa. Son todos moi semellantes, algúns máis grandes, outros máis cativos, pero cada vila ten o seu. Aquí tedes as fotiños e xa me diredes de onde hehehe

Son de Trier, Bonn, Cochem e Bernkastel-Kues

Donnerstag, 20. November 2008

Comezamos coa música en alemán

Boas,

Xa hai unha tempada que tiña ganas de facer unha entrada sobre grupos de música alemáns e hai dous grupos que me gustan especialmente, e son Die Toten Hosen e Die Ärtze.

Hai moitos máis grupos como LAfee, Rammstein Tokio Hotel
Panik e moitos outros, coma os míticos Scorpions e a súa máis que coñecida canción "Wind of change"


Aquí vos deixo un tema dos Die Toten Hosen



E como boa suxestión musical achegada por Ritiña poño para o voso goce este tema dos Die Ärtze "Männer sind Schweine"



Agardo que gocedes coa música alemá