Pequenas ou grandes reflexións. Aprendizaxes, receitas e o resto :-)
Sonntag, 10. Februar 2008
Para @s máis perguiceiros e perguiceiras
http://www.slide.com/r/DjDnyHqd7z-sh8W9oBf81joUM6AWk3yB?previous_view=lt_embedded_url
Agardo que vos presten.
Samstag, 9. Februar 2008
SMS para entrar ao servizo
Ghameleando pola arañeira acabo de descubrir algo moi curioso. Resulta que en Finlandia, como non, acaban de implantar un sistema para abrir as portas dos baños públicos nas autoestradas mediante o envío dun SMS coa palabra "AVATA" (abrir). Decidiron este mecanismo para evitar actos vandálicos e roubos ...Vindo da terra de Nokia non me estrana isto... O simpático do caso sería se non tiveses móbil nese momento de necesidade...
Aquí vos deixo un video de xaponeses no baño...
2008, Ano Internacional das Linguas
O 2008 será o Ano Internacional das Linguas xa que foi proclamado pola Asemblea Xeral das Nacións Unidas para fomentar o multilingüismo, a unidade e a comprensión internacional.
A ONU recoñece que o multilingüismo promove a unidade na diversidade e no entendemento internacional.
A ONU tamén recoñece a importancia importancia de protexer as distintas linguas.
O que recoñece a ONU non o recoñecen outros, O PP que se negan a permitir impartir galego nas EOI de Andalucía, como materia optativa!!!!!. Ou sexa, pódese estudar galego en Alemaña, por exemplo, e en Andalucía non!!!!Pódese estudar na EOI de Madrid, en Castela-León e en Andalucía non…Alguén pode entender esta demagoxia?Alguén pode entender esta chea de prexuízos cara ás linguas? A que vén esta polémica nunha comunidade monolingue como a andaluza?