O 2008 será o Ano Internacional das Linguas xa que foi proclamado pola Asemblea Xeral das Nacións Unidas para fomentar o multilingüismo, a unidade e a comprensión internacional.
A ONU recoñece que o multilingüismo promove a unidade na diversidade e no entendemento internacional.
A ONU tamén recoñece a importancia importancia de protexer as distintas linguas.
O que recoñece a ONU non o recoñecen outros, O PP que se negan a permitir impartir galego nas EOI de Andalucía, como materia optativa!!!!!. Ou sexa, pódese estudar galego en Alemaña, por exemplo, e en Andalucía non!!!!Pódese estudar na EOI de Madrid, en Castela-León e en Andalucía non…Alguén pode entender esta demagoxia?Alguén pode entender esta chea de prexuízos cara ás linguas? A que vén esta polémica nunha comunidade monolingue como a andaluza?
Keine Kommentare:
Kommentar veröffentlichen
Dálle, pon a cabeciña a traballar e escribe un pouco máis :-)