Montag, 28. April 2008

Hauptmarkt



Ben hoxe imos ver a Hauptmarkt ou a Praza do mercado, onde en tempos estaba a Rathaus, a Casa do Concello. A actual Casa do Concello está noutro lugar ao carón do edificio que vos amosei o outro día. A antiga Rathaus é ese edificio branco e alto que vedes na 2ª foto o da esquerda, é unha reconstrución, xa que na II Guerra mundial unha inmensa maioría da cidade foi bombardeada, case a diario polas chamadas forzas aliadas. Na actualidade esta praza é o centro da cidade e ai é onde se sitúa o mercado diario das flores e o mercado de nadal, na época de nadal, Klar!!! É unha praza moi chusquiña e moi bonita coas súas historias que contarei outro día.

Bicos

Samstag, 26. April 2008

Trier Stadt ou Trier Ort


Ben, hoxe vou comezar unha serie que me vai levar polos meus sitios favoritos de Trier e aqueles outros que sen ser favoritos si que teñen un algho que os fai interesantes e dignos de ser vistos por vós.
Espero ser constante nas entradas e deixarvos con ganas de virdes visitalos en directo.

Comezarei hoxe cunha construción que se ve desde a miña casa, alguén me podería dicir o que é??